--

XXXI FESTA DA FAMILIA


O vindeiro 31 de maio, venres, a Asociciación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio, organiza a XXXI FESTA DA FAMILIA, xornada de convivencia da Comunidade Educativa Carmelitas, que formamos irmás, profesores, persoal non docente, alumnos, e nais e pais.

O programa desta xornada, que se desenvolverá nas instalacións do centro escolar, será o seguinte:

19:30 TEATRO: “PICNIC” Grupo de teatro de Bacharelato (Salón de actos) 
20:15 Exhibición de wushu (Patio ) 
          Exposicións de infantil e primaria (Salón pequeno) 
          Talleres (robótica, xadrez, artes plásticas (gafas 3D), Proposta educativa NENOOS..) 
21:15 Compartiremos unha CEA FRÍA 
          Haberá animadores e actividades para os nenos

Compraceríanos que este día estivésemos o maior número posible de nais e pais cos nosos fillos, para compartir esta xornada anual de encontro.



Para os efectos de organización, pregámoslles, aos que desexen asistir cubran o boletín de participación que adxuntamos para entregalo no Colexio aos representantes da ANPA, que atenderán según se especifica no seguinte horario:


Xoves 23 de maio 
15:30-16:30 Portería Pena Trevinca (3º) Portería Correxidor

Venres 24 de maio 
17:00-18:00 Portería Pena Trevinca (3º) Portería Correxidor

Martes 28 de maio
17:00 - 18:00 Portería Pena Trevinca (3º) Portería Correxidor

No momento de recoller as entradas, pregamos comuniquen se hai persoas celíacas ou con outras alerxias ou intolerancias alimentarias.

O prezo do menú é de 11 euros, pero cada participante socio só abonará 7 euros, xa que o resto do importe corre por conta da ANPA.





Documentos relacionados

Boletín de participación Descargar



Acceso Google APPS - Fundación Educarte - Calidad - Aviso legal - Politica de privacidad - Politica de cookies - Cláusulas